lunes, 14 de febrero de 2011

 O vindeiro curso 2011/12 a Universidade de Vigo vai ofertar a titulación de “GRAO EN COMERCIO” a cal impartirase na Escola Universitaria de Estudos Empresariais de Vigo ubicada na Rúa Torrecedeira de Vigo.

Como Director da citada Escola , quixera manifestarlle que a nosa Escola será o único centro Universitario de Galicia no que se poden iniciar os devanditos estudos.

O Grao en Comercio ten como obxectivo xeral formar a profesionais capacitados para desempeñar labores propios da xestión integral da empresa, así como dos distintos departamentos das organizacións facendo especial fincapé na xestión comercial, proporcionándolles unha formación práctica e de aplicación directa.

O tratarse dunha titulación nova, gustaríanos facer unha presentación individualizada aos centros con potenciais alumnos desta nova titulación, de todos modos permítame sinalar algunhas peculiaridades:

-TITULACIÓN-

Título universitario de catro cursos.

Enfoque práctico da titulación.

Preparación para crear a súa propia empresa.

Prácticas de Empresa.incorporadas ao plano de estudos.

Idiomas (francés, inglés e alemán, de natureza comercial-empresarial) incluídos todos no Plano de Estudos.

Posibilidade de continuar estudos de posgrao na propia escola no “Master en Comercio Internacional”.


-CENTRO-

Ubicación (Rúa Torrecedeira, no centro de Vigo).

Centro de gran prestixio no entorno empresarial:

- Peritos e profesores mercantís (desde 1921 ata 1972)

- Diplomados en Empresariais (desde 1973 ata a actualidade).

Intercambios internacionais (Erasmus e dobre titulación).

Pola presente ofrecemos as seguintes vías de contacto: sdeueev@uvigo.es ou nos teléfonos 986 813 749, 986 813 748, fax: 986 813746 para calquera tipo de información.

Poderá atopar máis información na páxina www.euee.uvigo.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario