Facultade de Medicina e Odontoloxía
R/ de San Francisco, s/n
15782 Santiago de Compostela
UXA Asociada: Unidade de Xestión Académica Campus Norte
Tipo de ensino: Presencial
Rama de coñecemento: Ciencias da Saúde
OBXECTIVOS
O obxectivo fundamental do título de Graduado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela é formar médicos:
Desde o respecto aos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres
Cunha compresión das ciencias básicas, clínicas e sociais adecuadas para a toma de decisións, o razoamento e o xuízo clínico que mostren actitudes apropiadas á ética e as responsabilidades legais,
Respectando as distintas culturas, opinións, crenzas e costumes da persoa enferma e a súa familia que coñezan, comprendan e respecten a función e competencia doutros profesionais sanitarios dispostos a participar no seu desenvolvemento profesional continuado
Competencias xerais
Recoñecer os elementos esenciais da profesión médica, incluíndo os principios éticos, as responsabilidades legais e o exercicio profesional centrado no paciente. Comprender e recoñecer a estrutura e función normal do corpo humano, a nivel molecular, celular, tisular, orgánico e de sistemas, nas distintas etapas da vida e nos dous sexos.
Ter capacidade para elaborar un xuízo diagnóstico inicial e establecer unha estratexia diagnóstica razoada
Adquirir experiencia clínica adecuada en institucións hospitalarias, centros de saúde ou outras institucións sanitarias
Comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral como escrita, cos pacientes, os familiares, outros profesionais e os medios de comunicación.
Coñecer e recoñecer os determinantes de saúde na poboación, tanto os xenéticos como os dependentes do sexo e estilo de vida, demográficos, ambientais, sociais, económicos, psicolóxicos e culturais.
Ter, na actividade profesional, un punto de vista crítico, creativo, con escepticismo construtivo e orientado á investigación.
Comprender a importancia e as limitacións do pensamento científico no estudo, a prevención e o manexo das enfermidades.
Competencias específicas
Coñecer e recoñecer as bases da conduta humana normal e as súas alteracións. Comprender e recoñecer os axentes causantes e factores de risco que determinan os estados de saúde e o desenvolvemento da enfermidade.
Comprender e recoñecer os efectos do crecemento, o desenvolvemento e o envellecemento sobre o individuo e a súa contorna social.
Comprender e recoñecer os efectos, mecanismos e manifestacións da enfermidade sobre a estrutura e función do corpo humano.
Obter e elaborar unha historia clínica que conteña toda a información relevante.
Indicar a terapéutica máis adecuada dos procesos agudos e crónicos máis prevalentes, así como dos enfermos en fase terminal.
Expor e propor as medidas preventivas adecuadas a cada situación clínica.
Saber utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación nas actividades clínicas, terapéuticas, preventivas e de investigación.
Ser capaz de formular hipóteses, colleitar e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, seguindo o método científico.
ACCESO Y ADMISIÓN
Os xerais para as titulacións de grao.
Aínda que non se contemplan condicións nin probas de acceso especiais, considérase que o futuro alumno de medicina debe posuír vocación pola profesión de médico, espírito de servizo, capacidade de traballo de forma intensa e continua durante un período de tempo moi prolongado, capacidade e aptitude para traballar en equipo e comprometido coa xestión dos recursos. Non se recomenda o acceso a persoas con limitacións físicas ou psíquicas que poidan incapacitar para o exercicio da profesión médica. Nun futuro non se descarta a realización de probas específicas de acceso
Créditos necesarios para obter a titulación
Xeral - Grao en Medicina
Formación Básica | Obrigatorios | Optativos | Total | ||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º Curso | 48.0 | 12.0 | 0.0 | 60.0 | |||||||||
2º Curso | 12.0 | 42.0 | 6.0 | 60.0 | |||||||||
3º Curso | 0.0 | 57.0 | 3.0 | 60.0 | |||||||||
4º Curso | 0.0 | 57.0 | 3.0 | 60.0 | |||||||||
5º Curso | 0.0 | 54.0 | 6.0 | 60.0 | |||||||||
6º Curso | 0.0 | 60.0 | 0.0 | 60.0 | |||||||||
Total | 60.0 | 282.0 | 18.0 | 360.0 |
Enlace a las asignaturas
http://www.usc.es/gl/centros/medodo/titulacions.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario